Saltar ao contido

Wikipedia:I Concurso de Edición da Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Póster do concurso.

A Universidade de Santiago de Compostela convocou, a través das comisións de normalización lingüística das Facultades de Matemáticas e Psicoloxía e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, o I Concurso de Edición da Galipedia, dirixido a toda a comunidade universitaria co obxecto de promover a produción e a difusión de artigos de calidade contrastada da Wikipedia en galego en áreas como as matemáticas, a psicoloxía e nalgunhas enxeñarías. Velaquí a convocatoria.

Para participar no concurso cómpre inscribirse antes do 31 de maio. Teranse en conta as edicións feitas ata o día 5 de setembro, xa sexan creando un artigo novo ou mellorando de forma significativa algún xa existente. Concederanse un total de seis premios, dous por cada área de coñecemento.

Participantes[editar a fonte]

Participantes
Nome Artigo(s) editado(s)
Usuario:Antón Figueroa (achegas) Código Gray
Usuario:Xeometria (achegas)
Usuario:Bealbor (achegas)
Usuario:PSPX10 (achegas) Función de Dirichlet | Función de Thomae | Función de Ackermann | Tetración | Pentación | Número tetraédrico | Número pentagonal | Número hexagonal
Usuario:Xabi777 (achegas)
Usuario:Oscro (achegas)
Usuario:Ivancs29 (achegas)
Usuario:ManuBGZ (achegas)
Usuario:CarlosAD2005 (achegas)
Usuario:IGNgalipedia (achegas)
Usuario:PAMatematicas (achegas) Ecuación de Liénard | Alfred-Marie Liénard
Usuario:Hectordecacheiras (achegas)
Usuario:Pablop197 (achegas) Fluidización | Ecuación de Ergun | Sabri Ergun
Usuario:Ang-TIC (achegas)
Usuario:Óscar Mirás (achegas)
Usuario:MariaAlvOz (achegas)
Usuario:LuzSall (achegas)
Usuario:AlbaFL (achegas)
Usuario:Sara-Bellum-inha (achegas)

Ferramentas[editar a fonte]

  • Lembrade que se estades a traballar nun artigo, podedes incluír o marcador {{en uso}}

Propostas[editar a fonte]

Existe unha proposta de artigos por crear que está relacionada co Wikiproxecto matemáticas. Evidentemente se che apetece facer outras do teu gusto tamén son benvidas e interesantes. Tamén existe unha lista de páxinas curtas ou a mellorar: matemáticas en progreso, psicoloxía en progreso.

"Dicas" para a ferramenta de tradución[editar a fonte]

A ferramenta de tradución é boa, mais cómpren unhas indicacións de cousas que hai que revisar ao final do proceso:

  • As ligazóns entre páxinas da Wikipedia (as que van entre corchetes) moitas veces non as traduce ben. Se a páxina existe soe facelo ben.
  • Coas referencias tamén fai cousas raras (unha mágoa), esta parte dá bastante traballo: ir á páxina orixinal e copiar a referencia manualmente no sitio correspondente.
  • Se deixas partes sen traducir as veces descoloca as fórmuliñas e hai que revisar (ben escritas mais descolocadas).
  • Traduce mal:
    • holds que debería ser cumpre ou verifica.
    • En álxebra field que debe ser corpo, aínda que ás veces déixao ben nas ligazóns.
    • Conxugación do verbo satisfacer (debería ser satisfai, satisfán, etc).
  • Mete espazos en branco detrás de certos símbolos e descoloca certos puntos finais, por exemplo, deixa n -ésimo cando debería ser n-ésimo ou T n no lugar de Tn.
  • Ten opcións para usar varios tradutores; eu acho que o que mellor funciona é o google translator, despois hai que repasar porque as veces muda a marca "math" por "matemáticas", mais é un cambio simple.
  • Existe un "trebello" que marca en castaño as palabras incorrectas. Pode activarse en Wikipedia:Trebellos.
  • Debe retocarse a estrutura final das páxinas da Galipedia para que sexa común ás outras:

== Notas ==

{{reflist|30em}}

{{Reflist|group=groupname}}

== Véxase tamén ==

Ligazóns, se procede, aos proxectos irmáns da Galipedia: {{Commonscat}} ou {{Commons}}

=== Bibliografía ===

  • Recoméndase empregar os marcadores {{Cita libro}} e/ou {{Cita publicación periódica}}.

=== Outros artigos ===

* Ligazóns entre [[ ]].

=== Ligazóns externas ===

* Ligazóns entre [ ].

{{control de autoridades}}