Saltar ao contido

Ecuación de Ergun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A ecuación de Ergun, que foi creada polo enxeñeiro químico Sabri Ergun, é usada para o cálculo da perda de carga dun fluído ao circular a través dun leito poroso fixo, que non se encontra aínda fluidificado. Os leitos porosos teñen unha gran variedade de aplicacións na enxeñaría química, dende en operacións de separación ata en procesos químicos.

Esta ecuación virá definida por dous sumandos, o primeiro sumando representa as perdas por fricción, e o segundo sumando representa as perdas de enerxía cinética. Polo que, se se traballa a velocidades moi reducidas o segundo termo será desprezable, mentres que se se traballa a velocidades moi elevadas o primeiro termo podería ser desprezable.

Ecuación[editar | editar a fonte]

A ecuación de Ergun vén representada pola seguinte fórmula:

A ecuación de Ergun presenta tanto parámetros característicos do leito como parámetros característicos do fluído que circula a través do leito. Polo que, a caída de presión xerada a través do leito poroso fixo depende tanto do fluído que circula a través do leito como do propio leito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MOTT, R.L. y UNTENER J.A. Mecánica de fluidos. 7ª ed. México: Pearson Educación de México, S.A. de C.V., 2015 y ediciones anteriores.
  • LEVENSPIEL, O. Flujo de fluidos e intercambio de calor. Barcelona: Reverté, S.A., 1993.
  • McCABE, W.L., SMITH, J.C. y HARRIOTT, P. Operaciones unitarias en ingeniería química. 7ª ed. México: McGraw-Hill, 2007.
  • WHITE, F.M. Mecánica de fluidos. 6ª ed. Madrid: Mc Graw Hill/Interamericana de España, S.A.U., 2008 y anteriores.
  • Ergun, Sabri. "Fluid flow through packed columns." Chem. Eng. Prog. 48 (1952).
  • Ö. Akgiray and A. M. Saatçı, Water Science and Technology: Water Supply, Vol:1, Issue:2, pp. 65–72, 2001.