Saltar ao contido

Sabri Ergun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabri Ergun
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata
Gerede, Turquía Editar o valor em Wikidata
Morte18 de febreiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madison, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Carnegie Mellon Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata

Sabri Ergun, nado en Gerede (Imperio Otomán) o 1 de marzo de 1918[1] e finado en Madison (Wisconsin) o 18 de febreiro de 2006, foi un enxeñeiro químico turco. É coñecido pola ecuación de Ergun, a cal expresa a caída de presión a través dun leito poroso, e que é amplamente usada no ámbito da enxeñaría química.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mudouse aos Estados Unidos en 1943. Recibiu o grao en enxeñaría química pola Universidade Columbia e posteriormente un grao pola Universidade de Viena de Tecnoloxía en 1956. Ergun traballou como membro do Laboratorio de Investigación de Carbón no Instituto de Carnegie de Tecnoloxía e foi empregado pola Axencia dos Estados Unidos de Minas como coordinador de proxectos de física do estado sólido. En 1969 aceptou unha invitación para traballar como profesor visitante na Universidade de Karlsruhe en Alemaña. Durante catro anos, Ergun traballou na Corporación Bechtel como asesor no campo de desenvolvemento de procesos de conversión de residuos en petróleo. En 1977 Ergun comezou a traballar no Laboratorio de Berkeley do Lawrence da Universidade de California, onde era responsábel de programas de investigación na produción de combustibles sintéticos feitos de carbón e biomasa até que se retirou en 1980. Residía en Madison, onde faleceu en 2006, dende 1999.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dorothy Karns en 1948, e tiveron tres fillos: David, Robert e James.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sabri Ergun obituary on legacy.com, originally from the San Francisco Chronicle, 22 de febreiro de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • McCABE, W.L., SMITH, J.C. e HARRIOTT, P. Operaciones unitarias en ingeniería química. 7ª ed. México: McGraw-Hill, 2007.
  • Ergun, Sabri. "Fluid flow through packed columns." Chem. Eng. Prog. 48 (1952).