Wikipedia:Efemérides destacadas/22 de outubro
Aparencia
- 2136 a. C., prodúcese na China a primeira eclipse solar que foi rexistrada.
- 1791, morre Teresa Herrera, fundadora do primeiro hospital na Coruña.
- 1886, nace Johán Vicente Viqueira, filósofo e escritor galego (m. 1924).
- 1906, morre Paul Cezanne, pintor francés (n. 1839).
- 1908, nace Benigno Andrade García, Foucellas, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1952).
- 1943, nace Catherine Deneuve, actriz francesa.
- 1964, Jean-Paul Sartre (na imaxe) é galardoado co Premio Nobel de Literatura e rexeita o premio.
Hoxe é o Día Mundial da Tartamudez.