Esta páxina está semiprotexida

Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia de empresas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

2. Tema
3. Relevancia
4. Fontes
5. Contido
6. Fin
Crystal Clear app error.svg

Se un tema obtivo unha cobertura significativa por parte de fontes fiables independentes, suponse que si satisfai os criterios de inclusión para que conte cun artigo propio na enciclopedia.

A maioría das empresas non teñen relevancia para Wikipedia. Poucas empresas e corporacións merecen duna entrada na enciclopedia. Existen millóns de empresas no mundo, mais unicamente unha cantidade pequena delas son suficientemente relevantes como para que deba considerarse a súa inclusión.

Buscando a relevancia das empresas ou dos seus produtos

Para ser incluída en Wikipedia, a empresa ten que ser:

  • materia de varias publicacións recoñecidas, considerando fontes independentes á propia empresa, ou
  • estar incluída en rankings de empresas importantes, sendo estes listaxes elaborados por publicacións recoñecidas e independentes, ou
  • cotizar en bolsa.

Se escribes sobre un produto ou servizo dunha empresa, ese produto ou servizo ten que ser:

  • materia de varias publicacións recoñecidas, considerando fontes independentes á propia empresa que ofrece o produto ou o servizo, ou
  • ser tan recoñecido que a súa marca sexa empregada coma unha denominación xenérica.

Conflito de intereses, publicidade e promoción

Se estás estreitamente vencellado coa empresa da que desexas escribir, tes un conflito de intereses e resultarache difícil escribir un artigo enciclopédico de calidade e neutral. Probablemente serache complicado redactalo de xeito que a outros editores non lle pareza promocional, e empregar Wikipedia para fins publicitarios ou promocionais é algo que atenta contra una importante política de Wikipedia. Por iso, se o artigo que escribes asemella publicitario ou non cumpre coas pautas de relevancia descritas máis arriba, o máis probable é que sexa borrado de inmediato. O mellor consello nestes casos: non fagas nada: Se a túa empresa é relevante, antes ou despois alguén escribirá sobre ela. No entanto poderías buscar na lista de artigos solicitados algún outro tema para escribir acerca del.


Cumpre o artigo que propós cos requirimentos de relevancia?