Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Publicidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2. Tema
4. Fontes
5. Contido
6. Fin

Se un tema obtivo unha cobertura significativa por parte de fontes fiables independentes, suponse que si satisfai os criterios de inclusión para que conte cun artigo propio na enciclopedia.

¡Grazas por utilizar o Asistente para a creación de artigos!

Conflito de intereses, promoción e publicidade

Se estás estreitamente relacionado co tema acerca do cal queres escribir, tes un conflito de intereses e resultarache moi difícil escribir un artigo enciclopédico de calidade e neutral. Probablemente serache moi difícil redactalo de modo que a outros editores non lles pareza promocional- e usar Wikipedia para fins publicitarios ou promocionais é algo que atenta contra unha importante política oficial (ver: Wikipedia:Spam). Por iso, se o artigo que envías parece publicitario ou trata sobre un tema que non é claramente relevante, o máis probable é que sexa borrado de inmediato.

  1. Reflexiona sobre as túas intencións. Wikipedia non é un espazo para a promoción de produtos, servizos ou sitios webs. Se estás aquí para contarlle ós lectores o grandioso que é algo ou para expoñer unha idea ou produto do que ninguén escoitou falar ata o de agora, estás no lugar equivocado.
  2. Non fagas un artigo novo sobre o teu propio produto ou o teu sitio web. Moi frecuentemente, cando unha persoa crea un artigo novo que describe a súa propia obra ou traballo é porque a obra aínda non é suficientemente coñecida como para atraer a atención de alguén máis e moito menos de fontes fiables. Os artigos deste tipo introducen unha orientación por conflito de intereses e adoitan borrarse. Aínda que Wikipedia contén artigos sobre produtos coñecidos, non é aceptable utilizar Wikipedia para dalos a coñecer.

Se tes un conflito de intereses en relación ó tema que propós,

Podes deixar unha solicitude en Wikipedia:Artigos solicitados
Tamén hai outras formas de colaborar en Wikipedia
Este asistente mellórase de forma continua grazas ós comentarios que nos deixan os que o usan:

☺ Agradoume porque...

☹ Desgustoume porque...
—Grazas pola túa cooperación