Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Xesús de Nazaret
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Xesús de Nazaret[editar a fonte]
Votación PECHADA: Rexeitado
Período de votación: 01-02-2016 - 02-03-2016
SI: 4 — NON: 2 — NEUTRO: — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 18:56 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 01-02-2016 ata o 02-03-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: O artigo é unha tradución do homónimo en castelán onde é de calidade. É un artigo bastante completo e interesante, que conta con bastantes visitas como se pode ver aquí. É, neste momento o 12º artigo en lonxitude da nosa enciclopedia con 179.617 bytes e sendo un personaxe tan relevante na historia da humanidade creo que estaría ben que fora de calidade. --AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 18:56 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2016 ás 18:56 (UTC)[responder]
- Concordo. --Manuel Calviño (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 03:02 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 6 de febreiro de 2016 ás 00:43 (UTC)[responder]
- Concordo. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 19 de febreiro de 2016 ás 14:57 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Explico no comentario. ☣Banjo tell me 2 de febreiro de 2016 ás 12:20 (UTC)[responder]
- Discordo. --Atobar (conversa comigo) 2 de febreiro de 2016 ás 20:18 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario En xeral o artigo necesita outra volta na miña opinión. Cambios de redacción, notas ao pé e referencias adicionais principalmente.
Algunhas cuestións concretas que considero importantes atopadas nunha primeira revisión:
- Repercusións e Xesús na ficción e na arte non teñen referencias
- "Iso parece suxerir", "é bastante explicable que os evanxelistas presénteno" etc. -> Este tipo de frases sen referenciass que as apoien indican unha posible fonte primaria.
- O home precisa notas ao pé ou referencias adicionais si ou si, se non semella de forma clara que é fonte primaria.
Á marxe destes problemas e da valoración de desacordo, hai outras posibles melloras que creo que non lle virían mal:
- As citas a pasaxes bíblicos poderían converterse (ou deixarse só) en forma de notas ao pé.
- Separar as notas das referencias (p. ex. notas 2, 3, 66, 67 etc), ou o que é mellor, incluír o maior texto posible desas notas ao corpo do artigo.
- Ampliar a introdución do artigo, faise algo escasa en comparación co corpo do mesmo.
- A sección Xesús de Nazaret#Milagres relatados nos Evanxeos podería pasarse a un formato de redacción no canto dunha lista.
- Hai partes nas que se describe directamente ("Xesús e os seus discípulos foron..", "Deron de beber a Xesús...", "Xesús foi azoutado..." etc. Non todos, pero en moitos casos sería mellor indicar claramente en que partes da biblia/evanxeos se indican esas cuestións (a maiores da ref ou nota ao pé), para que teña un ton menos afirmativo e máis descritivo.
- Xesús no cristianismo e Xesús noutras relixións necesitarían máis notas ao pé para clarificar as fontes empregadas nas afirmacións desas seccións.
☣Banjo tell me 2 de febreiro de 2016 ás 12:20 (UTC)[responder]
- Comentario. Concordo co que comenta Banjo, e insisto en que a redacción ten unha marxe de mellora importante. Polo demais, boto en falla unha maior distinción entre aquilo que conta cun respaldo histórico e o que se circunscribe ao relato dende a óptica relixiosa. Gustaríame mesmo que houbese un apéndice ben referenciado con información seria sobre os estudos que negan a súa existencia (agora mesmo ese aspecto limítase a un par de frases e a unha nota). Por último, incido na falta de referencias e bibliografía en lingua galega. --Atobar (conversa comigo) 2 de febreiro de 2016 ás 12:45 (UTC)[responder]
- Comentario Paréceme ben o que comentades, a proposta seguramente non salga adiante pero polo menos serviu para darlle unha volta ao artigo e solucionar algunha eiva que tiña e eu non vira. Con respecto ao que di Banjo (non o tomes como algo persoal) como dixen na proposta, o artigo provén do homónimo en castelán onde si cumpre cos criterios de calidade (que en gran medida son moi parecidos aos nosos). Sobe o tema das referencias xa comentei noutra votación que me parece excesivo que un artigo teña que levar tantas referencias en cada frase, para mín ten dabondo. Pero concretamente no caso da sección que comentas de O home, entendo que as referencias son os evanxeos que aparecen citados entre paréntese.
Sobre o que comenta Atobar: eu penso que están ben diferenciadas as distintas visións, pero podo estar equivocado. Bibliografía galega eu non podo aportar máis ca a dalgún libro vello de relixión da escola que debo ter pola casa, pero creo que non entra en tanta profundidade. Non sei se algún de vos terá algo máis axeitado, pero eu aí non teño recursos.
Como dixen antes, independentemente de que o artigo non salga elixido penso que está ben que alguén lle dera unha volta e sinalase os erros. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2016 ás 16:10 (UTC)[responder]
- Pódense por exemplo tirar as referencias e citas da Biblia en galego (agora o que hai reprodúcese da Biblia en ES). Por outra banda, se non me engano, Ferro Ruibal ten algunhas obras que poden servir como referencia e apoio, por citar un caso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 2 de febreiro de 2016 ás 16:18 (UTC)[responder]
- Comentario No artigo hai varios "devanditos" (adxectivo) que son unha tradución defectuosa de "dichos" (substantivo). --. HombreDHojalata.conversa 24 de febreiro de 2016 ás 19:31 (UTC)[responder]
- Comentario HombreDHojalata Sobre os devanditos, non podo asegurar que non sexan froito dun tradutor, pero agora mesmo non se me ocorre outra forma de traducilo. Ditos? Perdoa que estea tan espeso neste momento. --AMPERIO (conversa) 24 de febreiro de 2016 ás 23:04 (UTC). Xa está perdoa. --AMPERIO (conversa) 24 de febreiro de 2016 ás 23:10 (UTC)[responder]