Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Aborixes australianos
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Aborixes australianos[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 6/5/2016 - 5/6/2016
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 10:55 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 06-05-2016 ata o 05-06-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Escollido artigo destacado, con moita información, referencias, imaxes abondosas, caixa de información. Traducido e adaptado da wiki inglesa.--Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 10:55 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 6 de maio de 2016 ás 10:55 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 6 de maio de 2016 ás 17:17 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 6 de maio de 2016 ás 18:59 (UTC)[responder]
- Concordo ☣Banjo tell me 7 de maio de 2016 ás 12:06 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 10 de maio de 2016 ás 15:01 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario Veño de darlle unha volta, quedan un par de cousiñas por revisar:
- Hai 3 ligazóns mortas que non conseguín recuperar. Non é un problema grave, pero sempre é mellor ter acceso á web referenciada. De atoparse substitutos axeitados deberían mudarse. Feito!
- Os separadores de miles deben ir con un espazo en branco "nbsp", segundo o WP:LE Feito!
- Estaría ben unificar a posición das notas ó pé con respecto ós símbolos ortográficos, ben antes dos puntos e comas ou ben despois. Eu son partidario desta segunda opción. Feito!
Polo resto queda un bo artigo. Máis referencias en determinados lugares serían benvidas, pero non lle vexo problemas maiores. ☣Banjo tell me 6 de maio de 2016 ás 20:11 (UTC)[responder]
Comentario. O artigo é unha tradución de Chairego feita no ano 2012 da Wikipedia en inglés (es:Indigenous Australians). Cómpre engadir esa información de atribución ao comezo da páxina de conversa (con {{traducido de}}) para non ter que somerxerse no historial para atopala. Por outra banda. Como en case tódolos casos de traducións de artigos grandes de wikipedias grandes, co paso do tempo, o artigo de orixe evoluciona e medra máis que o noso (neste caso arredor dun 30% máis de tamaño en catro anos, e cinco veces máis edicións no mesmo período. ¿Non habería que volver a tirar do artigo de orixe e incorporar todos eses contidos antes de poñerlle a etiqueta de excelencia? --. HombreDHojalata.conversa 10 de maio de 2016 ás 20:57 (UTC)[responder]
- Engadido o {{traducido de}}. No momento da proposta inicial si necesitaba unha revisión. Pero creo que xa está a un bo nivel tras darlle un repaso. Ten marxe para ampliar e mellorar con novos contidos do orixinal e outras fontes, pero eu entendo que iso xa queda para o seguinte paso na escala de calidade. ☣Banjo tell me 10 de maio de 2016 ás 21:32 (UTC)[responder]