Wikipedia:Artigo destacado/maio 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Che Guevara foi un médico, político e revolucionario marxista. Foi un dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular como ministro de industria. En 1965, despois de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desapareceu da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar en Congo-Léopoldville, sen éxito, e despois en Bolivia, onde foi capturado e executado de forma clandestina polo exército boliviano coa colaboración da CIA estadounidense. Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial; para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorruptible.