Asociación de Cantantes Vieneses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wiener Singverein»)
Gustav Mahler: Sinfonía dos mil. Musikverein de Viena. Director, Pierre Boulez, Staatskapelle Berlin, Wiener Singverein, Slowakischer Philharmonischer Chor, Wiener Sängerknaben.

A Asociación de Cantantes Vieneses (en almán Wiener Singverein) é o coro concertista da Sociedade de Amigos da Música de Viena.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1812 tiveron lugar, a iniciativa de Antonio Salieri e dun grupo de amigos da música de Viena, concertos cos Oratorios de Händel na escola de equitación invernal. Iso deu lugar á fundación da asociación de música de Viena, que en 1858 fundou o seu propio coro, que na actualidade conta con 230 membros, e que, nos seus inicios, foi dirixido por Johann Herbeck e Johannes Brahms.

Ao longo dos seus 150 anos de historia, traballou con incontábeis directores e orquestras de renome, entre eles Rafael Frühbeck de Burgos, Andrés Orozco-Estrada e Gustavo Dudamel). En máis de unha ocasión, esta sociedade de cantantes foi elixida para estrear unha obra, entre outras traballos de Franz Schubert, Johannes Brahms, Anton Bruckner e Gustav Mahler. Desde 1947 até 1989, Herbert von Karajan deixou a súa pegada no perfil deste coro.

O coro actuou nalgunhas cidades españolas: en 1965 participou en concertos no Palau de la Música Catalana (a novena sinfonía de Beethoven), no Gran Teatre del Liceu (o Réquiem de Mozart), así como en 1997 en Madrid e Valencia fixeron soar o Réquiem Alemán de Brahms.

Desde 1991 o coro é dirixido por Johannes Prinz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]