What The... é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punkBlack Flag. O disco ía editarse orixinalmente o 5 de novembro de 2013, despois do lanzamento de tres sinxeos promocionais entre maio de xullo.[1][2] Porén, o 5 de novembro o disco foi lanzado tan só a través de servizos de stream en liña como Spotify e Rdio, e o lanzamento físico adiouse ata o día 3 de decembro.[3]
Trátase do primeiro álbum de estudio da banda dende In My Head (1985), marcando a brecha máis longa entre dous álbums de estudo na súa carreira, ademais de ser a súa primeira gravación co vocalista Ron Reyes desde Jealous Again (1980) e do batería Gregory "Drummer" Moore. Este álbum tamén foi a primeira vez desde My War (1984) na que o guitarrista Greg Ginn tocou o baixo nun álbum de Black Flag baixo o nome de Dale Nixon. Tres semanas despois do lanzamento do álbum, Reyes foi despedido durante unha actuación en Australia debido a diferenzas con Ginn. O representante da banda e skater profesional Mike Vallely substituíu a Reyes na voz.[4]