Saltar ao contido

Rdio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Rdio
Logotipo
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
3 de agosto de 2010 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
22 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0cp04ll Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Rdio é un servizo de streaming musical. Permite escoitar cancións buscando por artista, álbums, cancións ou listas de reproducións feitas polos usuarios. Está dispoñíbel na súa plataforma online, en aplicacións clientes para sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS X[1] e en aplicacións para móbiles iOS, Android, Windows Phone e BlackBerry que dispoñen tamén dunha función de caché para reprodución sen conexión á rede. Hai tamén servizos para Sonos e Roku. O servizo conta con máis de 20 millóns de cancións na súa biblioteca.

O servizo está dipoñíbel en 85 países entre os que se encontran países como: Portugal, Estados Unidos de América, Suecia, Alemaña, Francia, España, Brasil e Nova Zelandia.[2]

Rdio foi creada polos fundadores de Skype Niklas Zennström e Janus Friis o 3 de agosto de 2010. A esta data xa tiña competidores como Deezer, Spotify e Napster entre outros.

  1. "Rdio music service throws open its doors". MacWorld. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  2. Rdio (ed.). "Rdio - Availability". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2015. Consultado o 4 de abril de 2015.