Warwick Kerr
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1922 Santana de Parnaíba, Brasil (pt) |
Morte | 15 de setembro de 2018 (96 anos) Ribeirão Preto, Brasil |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Relixión | Metodismo |
Educación | Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Campo de traballo | Xenética |
Ocupación | biólogo, profesor universitario, xenetista, apicultor, entomólogo |
Empregador | Universidade de São Paulo Instituto Nacional de Pesquisas da Amazônia (pt) |
Membro de | |
Premios | |
Warwick Estevam Kerr, nado en Santana de Parnaíba (estado de São Paulo) o 9 de setembro de 1922, é un biólogo xenetista brasileiro, considerado un dos mellores xenetistas brasileiros e especialista en abellas do mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kerr é fillo de Américo Caldas e Bárbara Chaves Kerr, de familia orixinaria de Escocia. En 1925 mudáronse a Pirapora no estado de São Paulo. Kerr estudou secundaria na cidade de São Paulo e se graduou como enxeñeiro agrícola na Escola Superior de Agricultura Luiz de Queiroz da Universidade de San Paulo en Piracicaba.
Kerr foi coñecido internacionalmente en 1950, cando realizou un traballo inédito sobre determinación de castas de abellas do xénero Melipona.[1]
Foi o primeiro en cruzar Apis mellifera scutellata (subespecie africana, da abella común europea ou abella melífera) con abellas europeas en Piracicaba, Brasil, mediante inseminación artificial. Por descoido dun apicultor que quitou as reixas excluidoras das raíñas das colmeas que contiñan esta subespecie, a mesma escapou. Non dándolle importancia os híbridos (coñecidos como abellas africanizadas) estes comezaron a dispersarse polo Brasil e América Central, chegando a América do Norte.
En 1956, o goberno brasileiro enviou ó xenetista Warwick Kerr a África para importar raíñas africanas da abella melífera. Trouxo 63 raíñas, pero soamente 48 sobreviviron.
Kerr comezou a facer experimentos, cruzando as raíñas con abellas de razas europeas por medio de inseminación artificial e en total lográronse 29 híbridos. Foron colocados en colmeas con reixas excluidoras de raínas, non permitindo a súa saída. En 1957, un apicultor local notou as reixas excluidoras e as quitou, pensando que as reixas estaban colocadas fóra de estación. 26 raíñas de abellas africanizadas escaparon e comezaron a reproducirse rapidamente e asilvestrándose. Warwick Kerr non se preocupou, pensando que se cruzarían con outras abellas europeas. Porén, os informes de abellas salvaxes que atacaban ao gando comezaron a aparecer.
En poucos anos, investigadores en Río Claro comezaron a publicar informes de áreas rurais onde as abellas salvaxes (abellas africanizadas) atacaban furiosamente animais e incluso a seres humanos no campo. Os granxeiros brasileiros maioritariamente pobres sufriron perdas de gando, producíndose tamén fatalidades humanas. A comezos dos anos 1960 estaba claro que unha rápida expansión de colonias de abellas silvestres ocorrera, e que estas abellas africanizadas rapidamente ampliaban o seu rango territorial. En maio de 1991, Jesús Díaz foi a primeira vítima humana da picadura destas abellas africanizadas, sufrindo 18 picaduras. A primeira morte ocorreu o 15 de xullo de 1993, cando Lino López, de 82 anos, foi picado 40 veces mentres procuraba quitar unha colonia da parede dun edificio.
Nos Estados Unidos ditas abellas atópanse hoxe en 110 condados de Texas, 14 condados de Arizona, 7 condados de Novo México, 1 condado de Nevada, e 3 condados de California. Os científicos cren que continuarán dispersándose a través dos estados meridionais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kerr, W. E. (1950): "Genetic determination of castes in the genus Melipona". Genetics 35: 143–152.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dr. Kerr and the Killer Bee (en inglés) Consultada o 10/5/2012.
- Historia das abellas africanizadas Arquivado 09 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 10/5/2012.