Víctor Valverde Mayo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 ![]() O Porriño, España ![]() |
Morte | 6 de agosto de 1956 ![]() Guillarei, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , xornalista , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Víctor Valverde Mayo, nado no Porriño cara a 1908 e finado en Guillarei (Tui) o 6 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Lugar_de_memoria_%C3%A1s_v%C3%ADctimas_do_franquismo_asasinadas_na_Volta_da_Moura.jpeg/250px-Lugar_de_memoria_%C3%A1s_v%C3%ADctimas_do_franquismo_asasinadas_na_Volta_da_Moura.jpeg)
Funcionario do Concello do Porriño dende decembro de 1927 e oficial maior do Concello dende 1929.[1] Correspondente de El Pueblo Gallego e Tribuna (onde asinaba como Miss Espanta) no Porriño.[2] Foi membro da directiva do Liceo Artístico do Porriño e colaborador da Sociedad Fomento de Porriño y su distrito e do seu boletín. Presidente da Juventud Socialista e secretario da sociedade obreira do Porriño, foi detido en abril de 1934, pola explosión dun petardo durante a procesión do Venres Santo.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e sometido a un proceso militar. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 6 de agosto de 1936 con José Juan Teijeira Coto e Saturnino Álvarez Sotelino.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Emilia Rodríguez Sequeiros en 1928,[4] e foi pai de Emilia, Víctor, Trinidad e Adoración Valverde Rodríguez.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 108–110. ISBN 978-84-8341-157-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Víctor Valverde Mayo na páxina web Nomes e Voces.