José Juan Teijeira Coto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Juan Teijeira Coto
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (23/24 anos)
Guillarei, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Juan Teijeira Coto, nado no Porriño cara a 1912 e finado en Guillarei (Tui) o 6 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monumento aos asasinados na Volta da Moura.

Pintor de automóbiles. Pertenceu a Agrupación Socialista do Porriño. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro do Porriño, tomando posesión o 10 de marzo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 5 de agosto de 1936 con Víctor Valverde Mayo e Saturnino Álvarez Sotelino.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Asunción Rodríguez Rodríguez en 1933,[2] e foi pai de José Lenin e Ramona Teijeira Rodríguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 15-3-1936, p. 4.
  2. El Tea, 4-12-1933, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]