Saltar ao contido

Voo 811 de United Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 811 de United Airlines
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
 Elemento operado
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
24 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Situado en
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Feridos38 Editar o valor en Wikidata
Mortes9 Editar o valor en Wikidata
Superviventes346 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/05f8d7 Editar o valor en Wikidata
Matrícula aeronaveN4713U Editar o valor en Wikidata
Número de vooUA811 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 811 de United Airlines era un voo regular dende Os Ánxeles ata Sydney, con escalas en Honolulu e Auckland. O 24 de febreiro de 1989 o Boeing 747-122 que realizaba a ruta tivo un fallo nunha porta de carga mentres voaba pouco despois de deixar Honolulu. A descompresión explosiva resultante rebentou varias filas de asentos matando a nove dos pasaxeiros. O avión regresou a Honolulu onde conseguiu aterrar con seguridade.

O avión do accidente era un Boeing 747-122 con rexistro N4713U.[1] Foi entregado a United Airlines o día 3 de novembro de 1970.[2] No momento do incidente o aparello acumulaba 58 814 horas de voo, e non tivera problemas graves anteriormente.[1]

O 24 de febreiro de 1989 o avión estaba programado por United Airlines para operar o voo 811 dende o aeroporto dos Ánxeles ata o aeroporto de Sydney, con escalas no aeroporto de Honolulu e no aeroporto de Auckland.[1]

O voo 811 operou sen problemas na súa primeira parte da ruta, dende Os Ánxeles ata Honolulu. Tras chegar a Honolulu houbo un cambio de tripulación. A anterior tripulación de voo informou que non tivera dificultades co avión durante o voo a Honolulu.[1]

Despois do accidente o avión foi reparado e volveu ao servizo con United, pero desta vez co rexistro N4724U. En 1997 United retirouno e pasou a operar con Air Dabia como C5-FBS. Air Dabia cesou as operacións en 1998, e o avión quedou abandonado no aeroporto de Plattsburgh, onde foi despezado en 2004.[3][4]

Tripulación

[editar | editar a fonte]

A tripulación que embarcaron en Honolulu estaba liderada polo capitán de 59 anos David M. "Dave" Cronin.[5] No momento do accidente, Cronin levaba acumuladas unhas 28 000 horas de voo, incluídas unhas 1 600 horas no Boeing 747.[5] O voo 811 foi o penúltimo voo programado de Cronin antes da súa xubilación obrigatoria.[6]

O resto dos tripulantes eran o primeiro oficial Gregory Allen "Al" Slader (48), o enxeñeiro de voo Randal Mark Thomas (46), e 15 asistentes de cabina.[5] O primeiro oficial e o enxeñeiro tiñan 14 500 e 20 000 horas de voo respectivamente.[5]

  1. 1 2 3 4 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 747-122 N4713U Hawaii". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-09.
  2. "Air Dabia C5-FBS (Boeing 747 - MSN 19875) (Ex N4713U N4724U ) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2018-12-09.
  3. "Picture Air Dabia Boeing 747-122 C5-FBS". www.planepictures.net. Consultado o 2021-11-29.
  4. "Air Dabia C5-FBS (Boeing 747 - MSN 19875) (Ex N4713U N4724U)". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-29.
  5. 1 2 3 4 "Informe oficial do accidente". NTSB. Consultado o 4 de outubro de 2023.
  6. Kakesako, Gregg K. (2010-10-06). "Hero pilot of United Flight 811 dies at age 81". Honolulu Star-Advertiser (en inglés). Consultado o 2023-10-04.