Volvoreta (novela)
| Volvoreta | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Volvoreta (en alusión ó insecto bolboreta) é unha novela en lingua castelá de Wenceslao Fernández Flórez, publicada en 1917 con ilustracións de Castelao. Nese mesmo ano obtivo o Premio Círculo de Bellas Artes. Foi levada ao cine en 1976 por José Antonio Nieves Conde.
Descrición
[editar | editar a fonte]
De carácter costumista e naturalista, está ambientada na área rural próxima á cidade da Coruña. Conta as relacións amorosas entre Sergio e Federica (alcumada Volvoreta), unha rapaza que serve na casa da nai de Sergio. Contrapóñense os sentimentos románticos e hipócritas do mozo (avergóñase dos seus sentimentos cara a unha muller de clase inferior) coa concepción máis vulgar e pragmática que ela ten do amor. Ao descubrir os amores a rapaza marcha a traballar á cidade, e o rapaz vai na súa procura, comezando a traballar de xornalista.
Edicións
[editar | editar a fonte]En 1970 foi incluída na Biblioteca Básica Salvat e en 2004 na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Centenario de publicación de Volvoreta (1917-2017)" (monográfico). Volvoreta: revista de literatura, xornalismo e historia do cinema (Fundación Wenceslao Fernández Flórez) (1). 2017. ISSN 2530-9943.