Volusiano
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 230 valor descoñecido |
| Morte | agosto de 253 (Gregoriano) Terni |
| Causa da morte | homicidio |
| 251 – 253 | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Outro | |
| Título | Augusto (título) |
| Familia | Vibian dynasty (en) |
| Cónxuxe | Messia Decia |
| Pais | Treboniano Galo |
| Irmáns | Vibia Galla |
| Descrito pola fonte | Реальный словарь классических древностей по Любкеру |
Caio Vibio Volusiano foi un coemperador romano como césar (251 - 253).
Biografía
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe da súa vida. Era fillo de Treboniano Galo, césar asociado, e de Afinia. Treboniano ocupou o trono imperial, no ano 251, tras a morte do emperador Decio e logo do falecemento, por enfermidade, do césar e fillo de Decio, Hostiliano, Treboniano asociou entón a seu propio fillo, Volusiano, como novo césar, e decontado, tamén como augusto.
Cando o gobernador da Panonia, Emiliano, se fixo proclamar emperador polas súas lexións, dirixiuse de inmediato cara a Italia. Na altura da Umbría atopouse co exército de Treboniano, que ía en compaña de Volusiano. As tropas destes abandonáronos e foron feitos prisoeiros, sendo logo executados Interamna (actual Terni).
Nomes sucesivos
[editar | editar a fonte]- Nace como : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus.
- 251, como césar : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Caesar.
- 251, como augusto : Imperator Caesar Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Pius Felix Invictus Augustus.