Volker Ippig
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1963 (61 anos) Eutin, Alemaña (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1.86 m[1] | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga e 2. Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Volker Ippig, nado en Lensahn (Schleswig-Holstein) o 28 de xaneiro de 1963, é un exfutbolista alemán que xogou como gardameta. Ippig xogou durante a súa traxectoria futbolística co TSV Lensahn e co FC St. Pauli, e competiu na Bundesliga como membro deste último. É tamén coñecido polas súas ideas políticas e activismo. Formou parte do movemento okupa en Hafenstraße e de proxectos comunitarios coa Fronte Sandinista de Liberación Nacional en Nicaragua e foi alcumado «o punk da portería» do St. Pauli.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ippig iniciou a súa andaina deportiva con 18 anos no TSV Lensahn antes de unirse en 1981 ao FC St. Pauli. Ese mes de setembro debutou co filial do club.[2] No primeiro equipo estreouse contra o TSV Plön nun partido amigábel en que marcou un gol.[2][3] Deixou o club durante a tempada 1983–1984 e traballou nunha escola para nenas e nenos con discapacidade en Lensahn. Posteriormente mudouse a Nicaragua onde axudou a construír un centro de saúde coa Fronte Sandinista de Liberación Nacional na localidade de San Miguelito.[2][3] Regresou a Alemaña en 1985 e adestrado co FC St. Pauli, mais xogou a tempada 1985–1986 co TSV Lensahn, que ascendera á Landesliga.[4]
A tempada seguinte volveu xogar co FC St. Pauli e compaxinou a súa vida en Lensahn (nunha cabana construída por el mesmo) coa de okupa en Hafenstraße.[2] O movemento okupa desa área, asociado aos seareiros do club, converteuno nunha icona e alcumouno "o punk da portería".[2] O FC St. Pauli acabou terceiro na tempada 1986–1987 da segunda división da Bundesliga, e ascendeu á primeira na tempada seguinte. Fixo 65 intervencións en tres tempadas da Bundesliga antes do descenso do club ao final da tempada 1990–1991.[3] Ippig deixou o FC St. Pauli en 1992 debido a unha lesión nas cervicais e xogou co TSV Lensahn en 1992 como centrocampista.[3][4]
Despois do fútbol
[editar | editar a fonte]Tras retirarse, Ippig formouse en fisioterapia antes de traballar como adestrador de gardamentas no FC St. Pauli, VfR Neumünster, VfB Lübeck e VfL Wolfsburg.[5] En 2008 converteuse no adestrador do TSV Lensahn.[2] Máis adiante traballou como operario no peirao de Hamburgo, ao tempo que dirixía unha escola ambulante de gardametas.[2]
Vida privada
[editar | editar a fonte]O seu irmán Christian é o adestrador do primeiro equipo do TSV Lensahn, así como o director deportivo do club.[4] A súa filla Emma xogou no SG GLR Ostholstein.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Volker Ippig". worldfootball.net. Consultado o 23 de agosto de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Viñas, Carles; Parra, Natxo (2020). St. Pauli - Another Football is Possible (en inglés). Pluto Press. pp. 94–95. ISBN 9781786806727. OCLC 1198016032.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Joswig, Gareth (5 de marzo de 2013). "„Fussball hat mein Leben gerettet!“". 11FREUNDE (en alemán). Consultado o 24 de febreiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Buschmann, Heiko (10 de xaneiro de 2018). "DIE IPPIGS: NICARAGUA, HAFENSTRASSE, KREISLIGA". Fussball.de (en alemán). Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ Wöckener, Lutz (3 de xaneiro de 2014). "Der Torwart, der jetzt Hamburgs Hafen hütet". Welt (en alemán). Consultado o 26 de febreiro de 2024.