Visclávara Froilaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Visclávara Froilaz
Visclara Froila
Gixavara Froylaz

Outros títulosMonxa no Mosteiro de Xuvia
Liñaxe / DinastíaFamilia Froilaz-Traba
ProxenitoresFroila Bermúdez
Elvira de Faro
Irmáns

Escudo de Visclávara Froilaz
Signature of Visclavara Froilaz.png

Visclávara Froilaz (Visclara Froila), foi unha nobre galega da Baixa Idade Media (finais do s. XI e comezos do XII), pertencente á familia Froilaz-Traba[1], filla de Froila Bermúdez de Trasancos e Elvira de Faro. Foron os seus irmáns, entre outros, o conde Pedro Froilaz de Traba e o bispo Gonzalo de Mondoñedo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mosteiro dúplice de San Martiño de Xuvia na terra de Trasancos. Panteón familiar dos Froilaz-Traba e cenobio no que Visclávara Froilaz profesou como monxa.

Herdou da súa familia importantes propiedades nas terras do Eume, onde preside un xulgado de xustiza no ano 1097[2]. A primeira referencia á súa condición de propietaria territorial data do ano 1098, momento no que doa a metade da igrexa de San Xurxo de Magalofes ao mosteiro de San Xoán de Caaveiro, propiedade da súa familia.

Nun documento do 1114 describese a si mesma como "servidora das servas de Deus" (ancillarum Dei ancilla), o que suxire que profesou como relixiosa[2]. Nese mesmo ano, doou ao mosteiro de San Martiño de Xuvia importantes igrexas e herdades nas terras de Trasancos: A metade da igrexa de San Salvador de Serantes, e os dereitos sobre os seus servos na localidade; unha cuarta parte da igrexa de Santa María de Neda; a igrexa de San Lorenzo de Doso; unha oitava parte de San Mamede de Atios; e a terceira parte da igrexa de Santa Eulalia de Aviño. Nas terras de Bezoucos outorgou a súa igrexa de San Vicente de Regoela, en Fene[3]. Estas continuadas doazóns de terras e propiedades dos Froilaz-Traba aos seus propios mosteiros familiares, eran o xeito empregado polo clan familiar para manter indiviso o seu patrimonio territorial.[4]

No 31 de xullo do 1114, Visclávara aparece como confirmante nunha importante doazón da súa irmá Munia ao mosteiro de Xuvia, no que 14 días mais tarde ingresou como relixiosa[5][6].

.

Sinatura de Visclávara Froilaz, e outros membros da liñaxe Froilaz-Traba, confirmando unha doazón ao mosteiro de Xuvia no ano 1114

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Liñaxe Froilaz-Traba". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 09/11/2018. 
  2. 2,0 2,1 Fletcher, Richard A. (194). Saint James's Catapult: The Life and Times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (PDF). Oxford University Press. p. 35. 
  3. Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios (13): 385–386. 
  4. Frez, Amancio Isla (1992). La sociedad gallega en la Alta Edad Media (en castelán). Editorial CSIC - CSIC Press. p. 128. ISBN 9788400072155. 
  5. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 79. ISBN 84-87674-32-1. 
  6. Pena Graña, Andrés (1993). Narón un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 76. ISBN 84-87674-32-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]