Visado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un visado válido en todos os países do tratado de Schengen.

Un visado é un documento emitido por un país dando a un certo individuo permiso para entrar no seu territorio por un certo período de tempo e para determinadas finalidades. Moitos países requiren a posesión dun visado válido como condición de entrada para estranxeiros. Os visados son xeralmente marcados ou anexados ao pasaporte do destinatario.

Algúns países, requiren que os seus nacionais ou mesmo os estranxeiros no seu territorio obteñan un visado de saída para poderen marchar do país.

Entrar nun país sen un visado válido ou realizar actividades non cubertas polo visado (por exemplo, traballar con visado de turismo), resulta na transformación do individuo nun inmigrante ilegal, xeralmente suxeito á deportación ao seu país natal.

Tipos de visados[editar | editar a fonte]

Un visado ruso.

Tipos comúns de visado:

  • visado de tránsito, xeralmente válido por tres días ou menos, para pasar por un país de camiño a un terceiro;
  • visado de turista, para un período limitado de viaxe sen actividades de negocios permitidas. Xeralmente o único visto dado gratuitamente. Algúns países, coma Kuwait, non emiten visas de turista;
  • visado de negocios, con duración maior e de máis fácil renovación do que un visto de turismo;
  • visado de estudante, que permite ao seu dono estudar en algunha institución do país;
  • visado diplomático, que confire á viaxe status oficial e normalmente só está dispoñíbel para portadores de pasaportes diplomáticos;
  • visado de xornalista, en países que coma Cuba, os Estados Unidos, Irán, Corea do Norte, Arabia Saudita e Zimbabwe. En cada caso a falla ao obter o documento correcto resulta na recusa da entrada ou a interrogación e deportación;
  • visado de noivo(a), dado por un tempo limitado antes da data de casamento baseada en relación probada cun nacional do país de destino (por exemplo, un brasileiro que desexa casar cunha arxentina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]