Saltar ao contido

Virgin Gorda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaVirgin Gorda
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Barlovento
Caribe Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Virxes Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Virxes Británicas - British Virgin Islands, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°28′N 64°24′O / 18.47, -64.4
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude117 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións4,9 (ancho) × 15,9 (lonxitude) km
Superficie21 km² Editar o valor en Wikidata

Virxe Gorda (anglificada parcialmente como Virgin Gorda) é a terceira illa máis grande (despois de Tórtola e Anegada) da dependencia das Illas Virxes Británicas, cobre unha área de 21 km² e é a segunda máis habitada, o navegante Cristovo Colón deulle ese nome pola forma particular do seu territorio, sendo a súa principal localidade Spanish Town (Cidade Española) no suroeste da illa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado a uns 18 graos, 48 ​​minutos ao norte e 64 graos a 30 minutos ao oeste, ten unha superficie de aproximadamente 21´9 km².

A principal área comercial e residencial está en Spanish Town na parte suroeste da illa.

The Baths, 2013

Unha infrecuente formación xeolóxica coñecida como "The Baths" ("Os Baños") localizada no extremo sur da illa, fai de Virgin Gorda un dos destinos turísticos preferidos das IVB, a pesar da evidencia da orixe maioritariamente volcánica da illa, enormes cantos de pedra de granito xacen en montons na praia, formando escenas de gruta abertas ao mar. O granito é unha rocha ígnea intrusiva, polo tanto non volcánica. Non obstante, formáronse a partir de magma. O granito aparece na superficie só despois de que as épocas xeolóxicas de erosión eliminasen a súa cuberta. Unha gran erosión rompeu o granito en grandes pedras e redondeou as súas superficies. No norte dos baños atópase o porto deportivo de Virgin Gorda, antigamente propiedade de Little Dix Bay. A ruína máis importante de Virgin Gorda é a antiga Mina de cobre.

Un dos grandes portos do mundo, North Sound (seo norte), e historicamente Gorda Sound (seo de gorda), atópase no extremo nordés da illa. Está rodeado por catro illas e conectan sistemas de arrecifes que manteñen o mar dentro do seo en calma, creando unha das grandes mecas do deporte acuático do mundo, con máis de 1200 ha. de augas protexidas. No extremo oriental do seo atópase o porto principal, a sotavento de Biras Hill (elevación 133 m.). A aldea, resort e porto deportivo neste punto (Jon'O'Point) chámase Bitter End Yacht Club e percorre aproximadamente máis dun quilómetro e medio de costa.

Atardecer en Road Harbour, Virgin Gorda

Conta para o transporte aéreo cun Aeroporto, Virgin Gorda Airport.

Cristovo Colón chamou a illa "a Virxe gorda", porque o perfil da illa no horizonte semella unha muller gorda deitada de lado.

Con fama histórica, a ancoraxe de Bitter End foi o lugar onde os corsarios Francis Drake e John Hawkins, que foron a base da supremacia naval británica, reuniron as súas frotas en 1595. Vinte e seis barcos ancoraron no seo e empregaron o grande outeiro de Bitter End para facer prácticas para o seu ataque a San Xoán, para arrebatar Porto Rico a España. Coa morte de ambos corsarios na viaxe de 1595 e 1596, Bitter End puido ser o último lugar que estes lendarios piratas pisaron terra británica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]