Anegada
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Anegada | |
---|---|
![]() Vista aérea | |
![]() localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°44′N 64°20′O / 18.733, -64.333Coordenadas: 18°44′N 64°20′O / 18.733, -64.333 |
Xeografía | |
Superficie | 39´32 km² |
Punto máis alto | 8´5 m. |
Demografía | |
Capital | The Settlement |
Poboación | 285 hab. (2010)[1] |
Densidade | 7´2 hab./km² |
A illa de Anegada é a máis setentrional das illas Virxes Británicas (IVB), sendo unha das maiores illas deste territorio. Atópase aproximadamente a 24 km ao norte de Virgin Gorda. Anegada é a única illa Virxe Británica habitada formada a partir de coral e rocha calcaria,[2] o que lle dá un carácter patelo, fronte ás outras próximas que son de orixe volcánico. Mentres as outras illas son montañosas, Anegada é plana e baixa. O seu punto máis alto só está aproximadamente a 8´5 metros sobre o nivel do mar, o que lle dá o seu nome, que é o termo español para "terra anegada".[3]
Con aproximadamente 38 quilómetros cadrados, Anegada é a segunda máis grande das Illas Virxes Británicas, pero tamén é a máis escasamente poboada das illas principais, cunha poboación de 285 habitantes no censo de 2010.[4] A maioría da poboación en Anegada vive na única aldea, The Settlement.
Economía[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |

O negocio principal de Anegada é o turismo. Un día típico durante a tempada turística, a illa contará con 200 visitantes máis ou menos. A pesca comercial é tamén un negocio substancial en Anegada, sendo os pescadores locais os que proporcionan a maioría das capturas de peixe fresco e lagosta para o resto das Illas Virxes Británicas. Os seus quilómetros praia na costa sur teñen unha gran poboación de [[peixes óseos], o que converte a Anegada nun destino popular para a pesca con mosca.
Acceso[editar | editar a fonte]
O acceso á illa é a través do pequeno aeroporto de Auguste George (NGD), e tres veces á semana un transbordador e barco privado. Os voos chárter van directamente a Anegada desde Tórtola e Virgin Gorda, nas IVB, así como a San Xoán, San Tomé, Illa Antiga e Sint Maarten.[5]
Horseshoe Reef[editar | editar a fonte]
Anegada é coñecida polos seus quilómetros de praias de area branca e o arrecife de 29 km. de longo Horseshoe Reef, a maior barreira de arrecife de coral no Caribe, e o cuarto máis grande da terra. O arrecife dificulta a navegación a Anegada. Mentres que os barcos de alugueiro navegan libremente entre a maioría das outras illas Virxes, as compañías de alugueiro a miúdo prohiben que os clientes naveguen a Anegada para evitar encallar no arrecife.
O arrecife provocou centos de naufraxios,[6] incluíndo o HMS Astraea en 1808,[7] o Donna Paula (1819), o MS Rocus (1929)[8] Como tal, antes era un importante destino mergullo. Nun esforzo para protexer o arrecife, o goberno das IVB fixo ilegal o fondeo de Horseshoe Reef.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Virgin Islands 2010 Population and Housing Census Report" (PDF). p. 6. Consultado o 7 de xaneiro de 2019.
- ↑ Arguably Saba Rock, cun hotel, tamén está habitada. A única illa de coral e calcaria no territorio é Sandy Spit.
- ↑ "Anegada, a world apart" BVI Tourist Board website. Accessed: 11 de decembro de 2014
- ↑ The BVI Beacon "Portrait of a population: 2010 Census published" pg. 4, 20 de novembro de 2014
- ↑ "More on the island of Anegada Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. BYI Tourist Borad website. Accessed: 11 de decembro de 2014
- ↑ Blytmann, Tage W. "The Saga of the Anegada Island Shipwrecks, 1500-1899". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2014.
- ↑ Blytmann, Tage W. "The Saga of the Anegada Island Shipwrecks". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2006. Consultado o 25 de marzo de 2006.
- ↑ Better known as the "Bone Wreck"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anegada ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- (en inglés) Mapa de Anegada
- (en inglés) Navegando para Anegada