Vincent Nichols

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vincent Nichols
Vincent Nichols.jpg
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1945 en Crosby, Merseyside, Inglaterra
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de novembro de 1969, por Paul Casimir Marcinkus
Consagración episcopal24 de xaneiro de 1992, por George Basil Hume
Creado cardeal22 de febreiro de 2014, por Francisco
Arcebispo de Westminster
2009 - actualidade
PredecesorCormac Murphy-O'Connor
Outros
Coat of arms of Vincent Nichols.svg
Escudo de Vincent Nichols
Fortis ut mors dilectio

Vincent Gerard Nichols, nado o 8 de novembro de 1945 en Crosby, Merseyside (Inglaterra), é un cardeal da Igrexa católica, arcebispo de Westminster e Presidente da Conferencia dos Bispos Católicos de Inglaterra e Gales. Anteriormente foi arcebispo de Birmingham, entre 2000 e 2009. O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 8 de novembro de 1945 en Crosby. Foi ordenado sacerdote da diocese de Liverpool o 21 de decembro de 1969 en Roma polo bispo Paul Casimir Marcinkus.

O 5 de novembro de 1991 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo auxiliar de Westminster e bispo titular de Othona. Recibiu a consagración episcopal o 24 de xaneiro de 1992 na catedral arquidiocesana de mans do cardeal George Basil Hume.

O 15 de febreiro de 2000 foi nomeado arcebispo de Birmingham.

O 3 de abril de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo de Westminster.

No consistorio do 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de cardeal-presbítero do Santísimo Redentor e Santo Afonso in Via Merulana.