Villa Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Villa Baviera en febreiro de 2014.

Villa Baviera, coñecida anteriormente como Colonia Dignidad (antes Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad[1]), é unha localidade chilena que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de Parral, na provincia de Linares, rexión do Maule. Está 35 km ao sueste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada en Chile en 1961[2] por inmigrantes alemáns liderados por Paul Schäfer, un fuxitivo con cargos de abusos sexuais a menores na República Federal Alemá. Na súa etapa de maior apoxeo chegou a acoller a uns 300 residentes tanto alemáns como chilenos e abranguía unha superficie de 137 km²[3]. A principal actividade económica da colonia era a agricultura, pero tamén tiña unha escola, un hospital, dúas pistas de aterraxe, un restaurante e mesmo un central eléctrica. Porén, a colonia era moi hermética e secreta de cara ao exterior, xa que estaba arrodeada por arame con pugas, focos e torres de vixilancia. Tamén contiña depósitos secretos de armas (entre as que se incluía un carro de combate coñecido como a "eiruga"). Nas últimas décadas realizáronse varias investigacións que descubriron un longo historial de actividades criminais no enclave, incluíndo abusos sexuais a menores e o seu funcionamento como centro de detención e tortura en tempos da ditadura de Augusto Pinochet[4][5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brescia, Maura (22 de xuño de 2003). "El imperio financiero de Schäfer". El Periodista. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  2. Infield, Glenn (1981). Secrets of the SS. Stein and Day. p. 206. 
  3. Branford, Becky (11 de marzo de 2005). "Secrets of ex-Nazi's Chilean fiefdom". BBC News. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  4. "The Colony: Chile's dark past uncovered". AlJazeera. 15 de decembro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  5. "Tales of torture". AlJazeera. 15 de decembro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Álvaro Rojas. El secreto de Colonia Dignidad
  • Infield, Glenn. Secrets of the SS. Stein and Day, 1981. ISBN 0-8128-2790-2.
  • Levenda, Peter (1st ed., 1995). Unholy Alliance: History of the Nazi Involvement With the Occult. 406 pp. Avon Books. ISBN 0-380-77722-3 (2nd ed., 2002, Continuum International Publishing Group. ISBN 0-8264-1409-5)
  • Klaus Schnellenkamp. Geboren im Schatten der Angst, Ich überlebte die Colonia Dignidad. München: Herbig Verlagsbuchhandlung, 2007, 238 S., ISBN 978-3-7766-2505-9
  • Gero Gemballa: Colonia Dignidad. Ein Reporter auf den Spuren eines deutschen Skandals. Frankfurt/New York: Campus-Verlag, 1998, 213 S., ISBN 3-593-35922-7
  • Friedrich Paul Heller. Colonia Dignidad. Von der Psychosekte zum Folterlager. Stuttgart: Schmetterling Verlag, 1993, ISBN 3-926369-99-X
  • Gero Gemballa. Colonia Dignidad: ein deutsches Lager in Chile. Reinbek bei Hamburg: Rowohlt, 1988. 173 S., ISBN 3-499-12415-7
  • Efrain Vedder; Ingo Lenz. Weg vom Leben. Berlin: Ullstein, 2005, ISBN 3-550-07613-4
  • Friedrich Paul Heller. Lederhosen, Dutt und Giftgas: Die Hintergründe der Colonia Dignidad. Stuttgart: Schmetterling Verlag, 2005. ISBN 3-89657-093-5
  • Douglas Marcela. Hopes and Horror. A German community in Chile. UiT The Arctic University of Norway, 2014. ISBN 978-82-8244-114-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]