Vilar de Abade, Sorribas, Rois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilar de Abade
ParroquiaSorribas
ConcelloRois
Coordenadas42°48′29″N 8°40′50″O / 42.807949052755, -8.6805026177403Coordenadas: 42°48′29″N 8°40′50″O / 42.807949052755, -8.6805026177403
Poboación47 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Vilar de Abade é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE) en (2017) tiña 47 habitantes (22 homes e 25 mulleres).

Descrición[editar | editar a fonte]

Na aldea existen 16 casas, das que están habitadas 12. É a aldea máis setentrional da parroquia, limítrofe co concello de Brión, a carón da parroquia de Bastavales e xunto ao río de Santa Cecía.

O topónimo fai referencia a un núcleo de poboación en relación cun abade, que podería indicar a antiga dependencia da localidade dun señorío eclesiástico.

Existen tres fontes: A Fonteíña, A Fonte de Abaixo (que secou tras unhas obras realizadas) e A Fonte da Mixirica. Tamén existe un lavadoiro. É unha aldea de carácter rural, con leiras adicadas á agricultura.

Na aldea esta ambientado o libro de Pere Tobaruela Catro pedras vellas (2017).

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sorribas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sorribas no concello de Rois (A Coruña)

A Meana | Reibó | Seaxe | Sorribas | Tourís | Vilar de Abade

Parroquias de Rois[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María)