Tourís, Sorribas, Rois
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2017) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Tourís | |
---|---|
Lavadoiro da aldea de Tourís | |
Parroquia | Sorribas |
Concello | Rois |
Coordenadas | 42°47′26″N 8°40′12″O / 42.790450928041, -8.6699282973983 |
Poboación | 102 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tourís é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 102 habitantes (48 homes e 54 mulleres).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Orixinalmente a aldea chamábase Touriz, terminado en z, que ten orixe xermánica, pero debido ao seseo terminouselle chamando Tourís.
Os pozos
[editar | editar a fonte]Normalmente cada persoa da aldea tiña o seu pozo particular, os cales se fixeron fai ao redor duns trinta anos. A parte dos pozos, todas as persoas da aldea tiñan a auga da traída. Esta viña da mina do monte Fichurio, feita fai uns cincuenta anos, de onde actualmente segue vindo, a auga ata a traída, e de alí repartese a todas as casas.
A roupa ían a lavala o lavadoiro da aldea, xunto a fonte.
As colleitas
[editar | editar a fonte]A maioría das persoas da aldea traballaban as súas leiras nas que plantaban centeo, millo, patacas e fabas.
O millo gardábase nos horreos, para que as espigas secasen. Logo de que secasen durante todo o inverno, debullábanse, e o gran restante moiase.
O centeo pañabase unha vez ao ano, a finais de maio ou en xuño. Os utensilios que se utilizaban para recollelo eran o fouciño, e máis tarde a gadaña. Unha vez recollido, atábase nuns mollos para que secasen durante un mes, ata que despois se lle sacaba o gran e a palla. A palla utilizábase de alimento para os animais e o gran para moer.
Para moer estes cereais, cada persoa ía o múiño do Cubo e o muíño do Pontello. Como tiñan que ir todos os habitantes da aldea, organizábanse en quendas de día e de noite para moer. Isto perdurou ata que se empezaron a comprar múiños eléctricos particulares.
O San Xoán
[editar | editar a fonte]Na noite do San Xoán, a xente de toda a aldea reuníase no monte de Tourís, para facer a fogueira e a sardiñada. Sempre se tiña que saltar a fogueira para botar as meigas fóra, e se non se facía, dicíase que daba mala sorte. Ademais da festa, os rapaces da aldea na noite anterior dedicabanse a facer trasnadas, como levar os carros das casas e sacar os portais.
A misa
[editar | editar a fonte]A misa celebrábase cada domingo na igrexa de Santo Tomé de Sorribas. As mulleres da aldea tiñan que levar un pano cubrindo a cabeza e unha toquilla nos ombros. As mulleres que estaban gardando o louto, tiñan que ir vestidas totalmente de negro, coa toquilla e o pano negros, e con medias.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sorribas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sorribas no concello de Rois (A Coruña) | |
---|---|
A Meana | Reibó | Seaxe | Sorribas | Tourís | Vilar de Abade |