Sorribas, Sorribas, Rois
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2017) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Sorribas | |
|---|---|
Igrexa de San Tomé de Sorribas | |
| Parroquia | Sorribas |
| Concello | Rois |
| Coordenadas | 42°47′26″N 8°40′38″O / 42.790675556087, -8.6773581486694 |
| Poboación | 39 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Sorribas é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 39 habitantes (18 homes e 21 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2013, cando tiña 50 habitantes[1].
No lugar podemos atopar un centro ocupacional da asociación AMIPA, para persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Viacrucis de Sorribas
[editar | editar a fonte]Trátase dun viacrucis que, no ano 1698, un emigrante mandou levantar. Esta obra, que abarca 200 metros, conta cun total de 12 estacións e un calvario formado por tres cruceiros.
O viacrucis é unha das prácticas de oración máis estendidas entre os cristiáns. Refírese ás diferentes partes vividas por Xesús dende o momento no que foi preso ata a crucifixión e sepultura.
Camiño sacramental
[editar | editar a fonte]Antigamente había un camiño no cal levaban unha caixa dous ou máis homes co defunto dentro; este camiño comeza dende a porta da Igrexa ata o final do viacrucis.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Tomé: 21 de decembro.
- Nosa Señora das Dolores: 1º domingo setembro.
- Festa do Sacramento: en xuño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-21.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sorribas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Sorribas no concello de Rois (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Meana | Reibó | Seaxe | Sorribas | Tourís | O Vilar de Abade |