View-Master

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
View-Master
View Master - Modelo G-Red

O View-Master é un dispositivo de visualización 3-D que permite ver 7 vistas estereoscópicas montadas nun soporte de disco de cartón. Aínda que actualmente se considera un xoguete para nenos, orixinalmente non estaba pensado como tal.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O sistema View-Master foi inventado por William Gruber, un fabricante de órganos e fotógrafo entusiasta, que residía en Portland, Oregón. Tivo a idea de actualizar o antigo estereoscopio utilizando a nova película fotográfica en cor dispoñible naquel momento, a película Kodachrome de Kodak, que aparecera no mercado en 1935.[2]

Aínda que o View-Master contén 14 imaxes, en realidade só hai 7 vistas estereoscópicas, visualízanse 2 imaxes simultaneamente -unha para cada ollo- simulando así a sensación de profundidade da percepción estereoscópica.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Glancey, Jonathan (2008-07-31). "Classics of everyday design No 48". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-07-16. 
  2. "View-Master Model E - Replacement for the Model C ViewMaster". www.viewmaster.co.uk. Consultado o 2023-07-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]