José Luis Nogueira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1926 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 1 de abril de 2007 Vilagarcía de Arousa, España |
| 1976 – 1979 ← Victoriano Piñeiro – José Recuna → | |
| Actividade | |
| Ocupación | empresario, político |
José Luis Nogueira Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1926 e finado en Vilagarcía de Arousa o 1 de abril de 2007, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1955 casou para Vilagarcía de Arousa, onde participou en diversos colectivos empresariais. Concelleiro durante o franquismo, foi designado como alcalde de Vilagarcía en 1976. Durante o seu mandato rematáronse as obras da traída de auga dende o río Umia á zona urbana de Vilagarcía. Continuou como concelleiro por UCD logo das primeiras eleccións locais democráticas de 1979. Ademais, ocupou un asento de deputado provincial entre 1979 e 1983, da que foi vicepresidente. Foi secretario xeral da Presidencia no primeiro goberno da Xunta de Galicia (1979-1981). Nos anos noventa foi presidente da Federación de Empresarios de Arousa. Tamén foi presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico.[1]
| Predecesor: Victoriano Piñeiro |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1976 - 1979 |
Sucesor: José Recuna |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 2-4-2007, p. 15.