Eugenio Alau
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1816 Oviedo, España |
Morte | 4 de abril de 1886 (69/70 anos) Valladolid, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
1869 – 1869 ← Vicente Lobit Rodríguez – Baltasar Genme Fuentes → | |
Reitor da Universidade de Valladolid | |
Senador de España | |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Eugenio Alau Comas, nado en Oviedo en 1816 e finado en Valladolid o 4 de abril de 1886, foi un médico e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina na Escola de Barcelona (1837), doutorouse o 2 de outubro dese ano. Traballou no Hospital Militar de Barcelona. Foi reitor da Universidade de Valladolid (1862 e 1871). Pertenceu ao Partido Progresista, despois afiliouse ao Partido Constitucional e despois ingresou no Partido Liberal. No Sexenio Democrático foi nomeado gobernador civil de Pontevedra e o 23 de marzo de 1869 presidente da Deputación de Pontevedra. En marzo de 1870 foi nomeado gobernador civil de Sevilla, en xaneiro de 1871 de Córdoba e en novembro dese mesmo ano de Granada. En 1872 foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Pobra de Trives. Na Restauración foi elixido senador pola provincia de Ourense (1881) e pola Universidade de Valladolid (1884).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Vicente Lobit Rodríguez |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1869 |
Sucesor: Baltasar Genme Fuentes |