Vicenta Moguel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1782 Azkoitia, España |
Morte | 29 de setembro de 1854 (72 anos) Abandoko elizatea, España (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Juan Jose Mogel |
Vicenta Antonia Moguel Elguezábal, nada en Azkoitia no 1782 e finada en Abanto no 1854, foi unha escritora española en éuscaro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De intelixencia impresionante, o seu tío ensinoulle a ler e a escribir en latín, en éuscaro e en castelán, a petición propia, animada ao ver ao seu irmán -Juan José, futuro sacerdote, deputado e autor en éuscaro- estudalo co seu tío, o tamén sacerdote Juan Antonio Moguel,[1] erudito e autor da primeira novela en éuscaro, Peru Abarca (1802), entre outras obras, amigo de Samaniego.
Publicou unha tradución ao éuscaro dunha cincuentena de fábulas de Esopo en latín en 1804, Ipui onac, ceintzuetan arquituco dituzten euscaldun necazari ta gazte gueiac eracaste ederrac beren vicitza zucentzeco, cando contaba 22 anos e acababa de falecer o seu tío Juan Antonio, do que inclúe unhas cantas fábulas orixinais. A tradución se reimprimió en Euskal-zale de Bilbao (1899) e en Euskal-Esnalea (1912).
O libro de Vicenta presupón coñecementos humanísticos que lle inculcou o seu tío; Vicenta, por demais, coñeceu persoalmente e sostivo correspondencia en 1805 co ilustrado José Vargas Ponce, amigo do seu tío, e relacionouse coa Sociedade Vascongada de Amigos do País. No ano 1820 traduciu ao éuscaro a Carta Pastoral do Primado das Españas, publicada en Bilbao.
O Concello de Durango deu o nome de Bizenta Mogel á súa biblioteca o 8 de marzo de 2017, en recoñecemento á traxectoria de quen está considerada a primeira muller que publicou en éuscaro. Este acordo adoptouse en resposta a unha proposta da asociación feminista Andereak no Consello de Igualdade para visibilizar ás mulleres nos espazos públicos de Durango.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mogel, Bizenta - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2019.