Viaduto do Eixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°47′02″N 8°23′39″O / 42.783811, -8.3942843

Viaduto do Eixo
Localización
RíoUlla
ConcelloVedra - A Estrada
ProvinciaA Coruña - Pontevedra
Características
Construción2008
Lonxitude630 m
Gálibo140 m
TipoArco
MaterialFormigón armado

O viaduto do Eixo, tamén chamado viaduto do Ulla e novo viaduto de Gundián, é unha das grandes pontes que salvan o curso do río Ulla.

É unha estrutura singular rematada no ano 2008 de máis de 1 km de lonxitude, na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia no tramo entre Ourense e Santiago de Compostela, que formará parte da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia.[1]

É unha obra que está considerada de interese arquitectónico en España.

Características[editar | editar a fonte]

Os dous viadutos de Gundián: o novo, en primeiro plano, e o vello.

O viaduto do río Ulla ten unha lonxitude de 630 m e apóiase sobre nove piares directamente sobre o terreo, cunha altura máxima de 116,9 m, e sobre outros cinco piares que descansan sobre un arco de 168 m de luz que salva o río.

O arco central ten unha altura de 104,4 m e construíuse empregando dous carros de avance en beiril, un para cada semiarco, o que marca a auténtica dificultade do proxecto construtivo desta obra civil.

Cada un dos semiarcos componse dun tramo de arranque que ten unha lonxitude de 10,2 m e de 26 doelas de cinco metros. Ambos os dous semiarcos únense mediante a correspondente doela de clave.[2]

Construción[editar | editar a fonte]

En construción.

O ministerio de Fomento, a través da entidade Adif, comezou a execución do arco central do viaduto do Ulla, unha das construcións incluídas no subtramo Silleda (Dornelas)-Vedra-Boqueixón, do eixe Ourense-Santiago de Compostela do Corredor norte-noroeste de alta velocidade, que forma parte da L.A.V. Olmedo - Zamora - Galicia.

O sistema construtivo utilizado para o arco central deste viaduto responde á política de Adif de "máximo respecto do medio", xa que as inmediacións do viaduto foron catalogadas como zona especial de conservación (ZEC) coa denominación de "sistema fluvial Ulla-Deza".

As especiais características do ámbito e as necesidades de conservación levaron a adoptar diversas medidas que eviten os arrastres de terras procedentes das escavacións das cimentacións.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]