Verónica Salgueiriño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) O Porriño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo - Doutoramento (–2003) Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | investigadora |
Empregador | Universidade de Vigo (2009–) |
Lingua | Lingua castelá |
Verónica Salgueiriño Maceira, nada no Porriño en 1975, é unha investigadora e profesora da Universidade de Vigo. En 2008 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Verónica Salgueiriño licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela en 1999 e realizou o doutoramento na Universidade de Vigo.[3] Despois de realizar estancias posdoutorais na Universität Duisburg-Essen (Alemaña) e na Arizona State University (EEUU), incorporouse ao Grupo Nanomag da Universidade de Santiago de Compostela. En marzo de 2009 incorporouse á Universidade de Vigo como bolseira Ramón y Cajal. Dende maio de 2017 é profesora do departamento de Física Aplicada, onde lidera o Grupo de Materiais Magnéticos.[4][5]
A súa investigación céntrase na síntese de nanomateriais, estudo das propiedades magnéticas de nanopartículas e nanocristais e o desenvolvemento de nanoestruturas magnéticas para o seu uso en hipertermia e administración controlada de fármacos.[6]
Ademais do seu labor docente e investigador desenvolve unha importante actividade divulgadora, promovendo as vocacións científicas femininas.[7][8]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 2014 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Mujeres de ciencia". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-11-14. Consultado o 2020-08-26.
- ↑ Mujeresycia (2008-11-20). "Por las mujeres científicas". Mujeres&Cia (en castelán). Consultado o 2020-08-26.
- ↑ Gallego, Grupo El Correo. ""Vense máis mulleres, pero a ciencia segue sendo un mundo de homes"". www.galiciahoxe.com. Consultado o 2020-08-26.[Ligazón morta]
- ↑ "Group Leader". magneticmaterials.webs.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 2020-08-26.
- ↑ Redacción (2016-01-08). "A Academia de Ciencias premia dúas investigacións sobre nanopartículas". GCiencia. Consultado o 2020-08-26.
- ↑ "Materiais Magneticos – Cinbio". Consultado o 2020-08-26.
- ↑ Guijarro, Soledad Torres; Maceira, Verónica Salgueiriño (2017). "Elas Fan CienTec: promoviendo vocaciones femeninas científicas y tecnológicas en la Universidade de Vigo". Transformando dende a universidade: V Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX, 2017, ISBN 978-84-8158-766-1, págs. 177-186 (Universidade de Vigo): 177–186. ISBN 978-84-8158-766-1.
- ↑ "Ejemplo de mujer científica para los investigadores del futuro". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-12. Consultado o 2020-08-26.