Verónica Salgueiriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Verónica Salgueiriño
Datos persoais
Nacemento1975
LugarO Porriño
NacionalidadeEspaña
Actividade
Campoinvestigadora
Alma máterUniversidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Verónica Salgueiriño Maceira, nada en O Porriño en 1975, é unha investigadora e profesora da Universidade de Vigo. En 2008 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Verónica Salgueiriño licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela en 1999 e realizou o doutoramento na Universidade de Vigo.[3] Despois de realizar estancias posdoutorais na Universität Duisburg-Essen (Alemaña) e na Arizona State University (EE.UU.), incorporouse ao Grupo Nanomag da Universidade de Santiago de Compostela. En marzo de 2009 incorporouse á Universidade de Vigo como bolseira Ramón y Cajal. Dende maio de 2017 é profesora do departamento de Física Aplicada, onde lidera o Grupo de Materiais Magnéticos.[4][5]

A súa investigación céntrase na síntese de nanomateriais, estudo das propiedades magnéticas de nanopartículas e nanocristales e o desenvolvemento de nanoestruturas magnéticas para o seu uso en hipertermia e administración controlada de fármacos.[6]

Ademais do seu labor docente e investigador desenvolve unha importante actividade divulgadora, promovendo as vocacións científicas femininas.[7][8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2014 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Mujeres de ciencia". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-11-14. Consultado o 2020-08-26. 
  2. Mujeresycia (2008-11-20). "Por las mujeres científicas". Mujeres&Cia (en castelán). Consultado o 2020-08-26. 
  3. Gallego, Grupo El Correo. ""Vense máis mulleres, pero a ciencia segue sendo un mundo de homes"". www.galiciahoxe.com. Consultado o 2020-08-26. 
  4. "Group Leader". magneticmaterials.webs.uvigo.es. Consultado o 2020-08-26. 
  5. Redacción (2016-01-08). "A Academia de Ciencias premia dúas investigacións sobre nanopartículas". GCiencia. Consultado o 2020-08-26. 
  6. "Materiais Magneticos – Cinbio". Consultado o 2020-08-26. 
  7. Guijarro, Soledad Torres; Maceira, Verónica Salgueiriño (2017). "Elas Fan CienTec: promoviendo vocaciones femeninas científicas y tecnológicas en la Universidade de Vigo". Transformando dende a universidade: V Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX, 2017, ISBN 978-84-8158-766-1, págs. 177-186 (Universidade de Vigo): 177–186. ISBN 978-84-8158-766-1. 
  8. "Ejemplo de mujer científica para los investigadores del futuro". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-12. Consultado o 2020-08-26. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]