Jim Shapiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jim Shapiro
Nacemento19 de marzo de 1965 (55 anos)
Ocupaciónbatería
Instrumento(s)batería
Relacionado conVeruca Salt, Ultraswiss, Hushdrops
editar datos en Wikidata ]

James Gordon Shapiro, nado o 19 de marzo de 1965, é un músico estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jim Shapiro é irmán da cantante e vocalista Nina Gordon e fillo de Robert Shapiro, antigo presidente da empresa multinacional de agricultura e biotecnoloxía Monsanto.

Foi o batería orixinal de Veruca Salt e co-escribiu a canción "Number One Blind" do seu debut, American Thighs de 1994. En 1997 deixou a banda despois de que o segundo disco, Eight Arms to Hold You, fose editado. Entón formou a súa propia banda chamada Ultraswiss, onde é o líder, guitarrista e vocalista, xunto co antigo baixista de Veruca Salt Steve Lack.

No debut en solitario de Nina Gordon Tonight and the Rest of My Life (2000), Jim Shapiro tocou o mellotrón e a guitarra, e en 2003 gravou Up Late With People con Rick Ness, para o seu proxecto Ness.

Actualmente é membro da banda Hushdrops.