Vermilingües

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vermilingües
Vermilingua
Osos formigueiros

Oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla)
no zoo de Aalborg, Dinamarca
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Superorde: Xenarthra
Orde: Pilosa
Suborde: Vermilingua
Illiger, 1811
Familias
Tamanduá mexicano (Tamandua mexicana).

A dos vermilingües (Vermilingua) é unha suborde de mamíferos placentarios da orde dos pilosos, que son coñecidos vulgarmente como osos formigueiros,[1] ou tamanduás.[2]

Propios do sueste mexicano, América Central e Suramérica, a suborde comprende tan só catro especies viventes, repartidas en dúas familias, a dos ciclopédidos e a dos mirmecofáxidos. Son o oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla), que mide 1,80 m de lonxitude (contando a cola), as dúas especies do xénero Tamandua (T. tetradactyla e T. mexicana), que miden uns 90 cm, e o oso formigueiro pigmeo (Cyclopes didactylus) de tan só 35 cm de longo.

Están emparentados cos preguiceiros, cos que comparten a orde dos pilosos, pero a súa alimentación é basicamente a base de formigas e térmites, ao que deben o seu nome.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A suborde describiuna en 1811 o zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[3]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico Vermilingua deriva do elemento Vermi-, do latín vermis, "verme" (xenitivo vermiis) e lingua, "lingua". Literalmente: "os que teñen a lingua en forma de verme.

O sinónimo tamanduá procede do tupí-guaraní tamanduá, que significa "comedor de formigas", é dicir, "oso formigueiro".[4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A suborde dos vermilingües divídese en dúas familias que comprenden diversos xéneros, varios deles extintos.[5] Só se sinalan os xéneros e especies actuais.

Suborde Vermilingua Illiger, 1811

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oso formigueiro na Dicopedia do Século 21.
  2. Tamadúa no Diccionario normativo galego-castelán de Galaxia. A acentuación do Normativo de Galaxia é incorrecta; probabelmente é un castelanismo antigo; hoxe en castelán é a correcta tamanduá.
  3. Vermilingua en MSW.
  4. tamanduá no DRAE.
  5. Mikko's Phylogeny Archive - Vermilingua
  6. Cyclopedidae en MSW.
  7. Myrmecophagidae en MSW.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]