Vecsés
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Hungría | |||
| Condados | Condado de Pest | |||
| Distrito | Vecsés District (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 21.379 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 36,18 km² | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 2220 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 29 | |||
| 26815 | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | vecses.hu | |||
Vecsés (en alemán: Wetschesch) é unha pequena vila de 20.550 habitantes situada na área metropolitana de Budapest, en Hungría, e moi preto do aeroporto Budapest-Ferenc Liszt.
Historia
[editar | editar a fonte]Tense constancia das primeiras mencións á vila no ano 1318. Nos séculos XIV e XV foi documentada coma unha cidade eclesiástica. No ano 1786, arredor dunhas 50 familias chegaron á vila para se asentar nela, na súa meirande parte procedentes da rexión xermánica de Suabia, e en menor medida habitantes procedentes de vilas húngaras e eslovacas da contorna. Cara a finais do século XIX a poboación desta vila comezou a medrar, permitindo desenvolver unha certa actividade social, cultural e política. Vecsés foi especialmente afectada pola segunda guerra mundial, que deixou na cidade un alto número de baixas. Xa no século XX, o agromar social e industrial fixo que se mudara o título de vila a cidade.
Economía
[editar | editar a fonte]Na actualidade, a base da compañía Wizz Air atópase no aeroporto da vila, dende onde desenvolve a maioría da actividade e onde se atopan as oficinas da compañía aérea de baixo custo.
