Vanatinai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Vanatinai
Illa Vanatinai en Papúa Nova Guinea
Illa Vanatinai
Illa Vanatinai
Localización da illa
Karta PG Louisiade isl.PNG
Mapa do Arquipélago das Luisiadas
Situación
País Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea
Provincia Milne Bay
Arquipélago Arquipélago das Luisiadas
Mar Mar de Salomón
Coordenadas 11°30′S 153°26′L / -11.500, -153.433Coordenadas: 11°30′S 153°26′L / -11.500, -153.433
Xeografía
Superficie 830 km²
Longura máxima 63 km.
Largura máxima 13 km.
Punto máis alto 806 m. Monte Riu
Demografía
Capital Rambuso Village
Poboación 3.628 (2014)
Densidade 4´37 hab./km²

Illa Vanatinai (tamén chamada Tagula e Sudest, polos nomes dos cabos extremos da illa), é unha illa volcánica no sueste do arquipélago das Louisiadas na provincia de Milne Bay en Papúa Nova Guinea. A illa bordeada de coral está aproximadamente a 360 km. ao suroeste da illa de Nova Guinea e a 30 km ao sur de Misima. Cunha superficie de 830 km², é a illa máis grande do arquipélago. A cidade de Tagula, o asentamento principal, atópase na costa noroeste. A poboación era de 3.628 habitantes en 2014. A principal exportación é a copra.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa ten 63 km de longo, estendéndose desde Cape Tagula ata Cape Sudest e ata 13 km de largo. Unha cordilleira boscosa corre a través da lonxitude da illa, co cume, Monte Riu (806 m.) preto de centro. Os picos máis importantes do cordal son, de oeste a leste:

  • Monte Madau (269 m.)
  • Monte Gangulua (439 m.)
  • Monte Riu (anteriormente chamado Monte Rattlesnake) (806 m.)
  • Monte Imau (485 m.)
  • Monte Arumbi (350 m.)

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira observación rexistrada polos europeos da illa Vanatinai foi pola expedición española de Luís Vaz de Torres o 14 de xullo de 1606.[1][2][3]

A illa foi o sitio dunha febre do ouro que alcanzou o seu punto máximo en 1889. O ouro foi atopado en case todos os cursos de auga da illa.[4]

A vila de Rambuso está situada na costa norte da parte oriental da illa, onde oarroio Rambuso Creek flúe no Océano Pacífico. A entrada a través do arrecife ata o porto é profunda e fácil de ver durante a luz do día. Moitos iates visitantes e barcos comerciais locais utilizan este protexido ancoradoiro. En 2010 os aldeáns e varios navegantes visitantes reconstruíron o peirao e a calzada. O lema dos aldeáns novo é "Rambuso Creek a porta de entrada a Sudest". O novo peirao axudou a Rambuso a desenvolverse e agora a vila ten uns 500 habitantes.

Transporte[editar | editar a fonte]

A illa ten un aeroporto, código (IATA: TGL) para o transporte público, cerca da vila de Tagula.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hilder, Brett The voyage of Torres, Brisbane, 1980, pp.XXIV,24
  2. Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Oxford, 1960, p.66.
  3. Brand, Donald D. The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations The American Geographical Society, New York, 1967, p.137.
  4. Pacific Islands Yearbook, 13th ed., Sydney, New York 1972

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]