Valerii Bykovskii
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ru) Валерий Фёдорович Быковский 2 de agosto de 1934 Pavlovsky Posad |
| Morte | 27 de marzo de 2019 Leonikha |
| Educación | Academia de Enxeñaría Aeronáutica Militar Zhukovsky (–1968) Kacha Higher Military Aviation School of Pilots (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Militar e astronáutica |
| Lugar de traballo | Unión Soviética |
| Ocupación | aviador, oficial, militar, astronauta, enxeñeiro |
| Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética (1963–) |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Unión Soviética |
| Rango militar | coronel (1966–) |
| Tempo no espazo | 20 días, 17 horas e 48 minutos |
| Participou en | |
| 29 de marzo de 1966 | 23rd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) |
| Premios | |
| |
Valerii Fedorovich Bykovskii (en ruso: Валерий Фёдорович Быковский) é un cosmonauta ruso retirado que participou nas misións Vostok 5, Soiuz 22, Soiuz 29 e Soiuz 31. Pasou un total de 20,74 días no espazo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bikovski naceu o 2 de agosto de 1934 en Pavlovski Posad, óblast de Moscova. Gradouse na Escola de Aviación Kachinsk Miasnikov en 1955 e pasou a formar parte da Forza Aérea da Unión Soviética. Entrou a formar parte do corpo de cosmonautas en 1960, sendo parte da tripulación de reserva en agosto de 1962 para a misión Vostok 3. Comandou a Vostok 5 en agosto de 1963. Pasou logo a adestrar para o programa lunar soviético e en abril de 1967 foi designado comandante da tripulación de reserva para a misión Soiuz 2, máis tarde cancelada despois da traxedia da Soiuz 11 na que morreu Vladimir Komarov. Posteriormente formou parte das misións Soiuz 22, Soiuz 29 e Soiuz 31. Retirouse do corpo de cosmonautas en 1988.[1]
Entre 1989 e 1991 foi director da Casa Soviética de Ciencia e Cultura en Berlín. Actualmente está retirado.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2018). "Bykovsky, Valeri Fyodorovich" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valerii Bykovskii |