Saltar ao contido

Soiuz 22

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 22
Selo postal adicado á Soiuz 22
TipoTripulada
Data de lanzamento15 de setembro de 1976, 9:48 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión7,91 días[6]
Obxectivo da misiónEstudo da Terra.[2][6]
Regreso23 de setembro de 1976, 7:42 GMT[1][6]
NSSDC ID1976-093A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soiuz 22 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de setembro de 1976 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz 22, unha Soiuz modelo 7K-MF6 cos cosmonautas Valeri Bikovski e Vladimir Aksionov a bordo, foi lanzada para facer observacións da Terra mediante unha cámara multiespectral fabricada por Carl Zeiss, así como con outros instrumentos. A nave era a xemela e sustituta da Soiuz 19 para a misión ASTP en caso dun problema con esta.[2][3][4][5]

A Soiuz 22 volveu a terra despois de case 8 días en órbita, aterrando a 150 km ao noroeste de Astana (Kazakhstán) o 23 de setembro de 1976 ás 7:42 GMT.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 22" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 22" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 30 November 1976 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-26032). 6 de decembro de 1976: 2. Consultado o 6 de setembro de 2017.
  4. 1 2 3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 22" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 22 (7K-MF6, 11F615A12)" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2017). "Soyuz 22" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2017.