Vostok 3
Vostok 3 | |
---|---|
Réplica dunha cápsula Vostok | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 11 de agosto de 1962, 8:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vostok 8K72K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 3,93 días[2][6] |
Obxectivo da misión | Voo en formación coa Vostok 4.[2][6] |
Regreso | 15 de agosto de 1962[1][6] |
NSSDC ID | 1962-036A |
Masa | 4722,0 kg[2][5][6] |
Vostok 3 foi o nome da terceira misión tripulada da Historia, con Andriian Nikolaev a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 11 de agosto de 1962 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Vostok 3 foi realizar a terceira misión orbital tripulada da Historia e o primeiro voo en formación xunto coa Vostok 4. A Vostok 3 foi lanzada en primeiro lugar, e a 4 un día máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. No momento da inserción orbital da Vostok 4 as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Nikolaev na Vostok 3 e Popovich na 4, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. Nikolaev tomou fotos en cor do interior da nave e da superficie terrestre. A nave regresou á Terra o 15 de agosto de 1962 ás 6:52 GMT na rexión de Karaganda.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vostok 3 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSTOK 3" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Vostok 3" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 19 October 1962 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (63-13911). 20 de xuño de 1963: 2. Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Vostok 3" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-3K" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Vostok 3" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.