Valeri Tokarev
Nome orixinal | (ru) Валерий Иванович Токарев |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de outubro de 1952 (71 anos) Kapustin Yar, Rusia |
Educación | Stavropol Higher Military Aviation School of Pilots and Navigators PVO (en) (1969–1973) Gagarin Air Force Academy (en) Russian Presidential Academy of National Economy and Public Administration (en) |
Actividade | |
Ocupación | aviador, astronauta, político |
Carreira militar | |
Lealdade | Rusia |
Rango militar | Coronel |
Tempo no espazo | 199 días, 15 horas e 5 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
|
Valeri Ivanovich Tokarev, nado en Kapustin Yar (óblast de Astrakán) o 29 de outubro de 1952, é un cosmonauta soviético e ruso retirado que formou parte das misións STS-96 e Soiuz TMA-7, formando parte da Expedición 12 na Estación Espacial Internacional.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tokareve graduouse na Escola de Aviación Militar Superior de Stavropol para pilotos e navegantes para a defensa antiaérea en 1973. En 1993 graduouse na Academia Gagarin de Aviación Militar e en 1997 graduouse e fixo un máster en Administración do Estado na Academia de Economía Nacional.[1]
De marzo de 1989 a marzo de 1991 fixo un programa de adestramento xeral no Centro de Adestramento Cosmonauta Gagarin (CACG). En 1993 foi elixido para un grupo de cosmonautas de probas que adestrou para pilotar o transbordador espacial Buran. De febreiro a outubro de 1998 exerceu de representante do CACG no Centro Espacial Johnson da NASA e de xaneiro a maio de 1999 adestrou para participar na misión STS-96 á Estación Espacial Internacional. Entre setembro de 2005 e abril de 2006 formou parte da Expedición 12 á ISS, á que chegou como comandante da Soiuz TMA-7. Pasou un total de 199,63 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Tokarev, Valeri Ivanovich" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valeri Tokarev |