Saltar ao contido

STS-96

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-96
Lanzamento da misión STS-96.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de maio de 1999, 10:49 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,80 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso6 de xuño de 1999[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1999-030A

STS-96 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 27 de maio de 1999 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-96, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións durante o primeiro acoplamento entre un transbordador e a estación. A tripulación, composta polo comandante Kent V. Rominger, o piloto Rick D. Husband e os especialistas de misión Ellen Ochoa, Tamara E. Jernigan, Daniel T. Barry, Julie Payette e Valeri Ivanovich Tokarev, instalou unha grúa denominada Strela, de fabricación rusa, no módulo Zarya e levou a cabo tarefas e instalación de distintos compoñentes. O transbordador elevou a órbita da estación cos seus motores e puxo en órbita un pequeno satélite denominado STARSHINE.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de xuño de 1999.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 96" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 15 November 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-91066(E)). 9 de decembro de 1999: 4. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 96" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-96 / ISS-2A.1" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-96" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-96" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]