Valeri Bikovski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Valeri Bikovski
WaleriBykowski.jpg
Datos persoais
Nacemento2 de agosto de 1934
LugarPavlovsky Posad
NacionalidadeRuso
Actividade
MisiónsVostok 5, Soyuz 22, Soyuz 29 e Soyuz 31
Tempo no espazo20,74 días
Premioscidadán de honor de Berlín, Orde de Lenin, Orde da Estrela Vermella, Heroe da Unión Soviética, Orden de karl Marx, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "For Strengthening of Brotherhood in Arms", Medal "For the Development of Virgin Lands", Piloto-Cosmonauta da URSS, Orden da Amistade, Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Estrela Dourada, Orde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Estrela Dourada, Orde de Lenin, Heroe Socialista do Traballo, Orden de Georgi Dimitrov, Medalla de ouro con rango de heroe da RDA, Orden de karl Marx, Orden da Cruz de Grunwald 1ª clase, Estrela da Republica de Indonesia, Medalla de veteranos das Forzas Armadas da URSS e Premio Estatal da URSS
editar datos en Wikidata ]

Valeri Fiodorovich Bikovski é un cosmonauta ruso retirado que participou nas misións Vostok 5, Soyuz 22, Soyuz 29 e Soyuz 31. Pasou un total de 20,74 días no espazo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bikovski naceu o 2 de agosto de 1934 en Pavlovski Posad, Moscova. Gradouse na Escola de Aviación Kachinsk Miasnikov en 1955 e pasou a formar parte da Forza Aérea da Unión Soviética. Entrou a formar parte do corpo de cosmonautas en 1960, sendo parte da tripulación de reserva en agosto de 1962 para a misión Vostok 3. Comandou a Vostok 5 en agosto de 1963. Pasou logo a adestrar para o programa luar soviético e en abril de 1967 foi designado comandante da tripulación de reserva para a misión Soyuz 2, máis tarde cancelada despois da traxedia da Soyuz 11 na que morreu Vladimir Komarov. Posteriormente formou parte das misións Soyuz 22, Soyuz 29 e Soyuz 31. Retirouse do corpo de cosmonautas en 1988.[1]

Entre 1989 e 1991 foi director da Casa Soviética de Ciencia e Cultura en Berlín. Actualmente está retirado.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2018). "Bykovsky, Valeri Fyodorovich" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]