V Asemblea Agraria de Galicia
Aparencia
| V Asemblea Agraria de Galicia | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Tema principal
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
A V Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Ribadavia o 23 e 24 de novembro de 1913.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Participaron 150 asociacións agrarias. Houbo enfrontamento entre a liña técnica e os partidarios de Basilio Álvarez. Acción Gallega presentou como candidato á presidencia a Joaquín Núñez de Couto que obtivo 12 votos fronte a 37 que recibiu Emilio Gómez Arias, xefe local do Partido Liberal. Pero os partidarios de Basilio Álvarez conseguiron a renuncia como secretario da Asemblea de Emilio Canda Adán despois dun monumental escándalo. Basilio Álvarez criticou o desenvolvemento do encontro.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Noroeste, 24-11-1913, p. 1.