Emilio Gómez Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Gómez Arias
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Mortexullo de 1949 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Emilio Gómez Arias, finado en Ribadavia en xullo de 1949[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Secretario do Xulgado municipal de Bande. Adegueiro, foi presidente da Sociedad de Agricultores de Ribadavia (1912-1914). Foi xefe local do Partido Liberal en Ribadavia que apoiaba ao deputado Adolfo Merelles Martel. Foi presidente da comisión organizadora da IV (1912) e V Asemblea Agraria de Galicia (1913) celebradas en Ribadavia, e logo presidente da V asemblea. Foi deputado provincial maurista en 1921. Na ditadura de Primo de Rivera volveu ser nomeado deputado provincial e foi elixido vicepresidente da Deputación de Ourense en 1929. Xefe da Junta Provincial da Unión Monárquica Nacional, era o representante de Calvo Sotelo en Ribadavia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Agustina Vázquez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 14-7-1949, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]