Asistiron socialistas, nacionalistas (Lois Peña Novo), antigos solidarios (Rodrigo Sanz e Casares Quiroga), abolicionistas radicais (Dionisio Quintillán) e unha ampla representación de dereitas e caciquil. Foi presidida por José Asúnsolo Obanza, sendo o secretario Juan Rof Codina[2]. Converteuse nunha pugna entre os sindicatos católico-agrarios e as sociedades agrarias neutras. Nas setes sesións de que constou houbo moita axitación (28 incidentes e 14 escándalos) e resultou inconclusa.