VI Asemblea Agraria de Galicia
Aparencia
VI Asemblea Agraria de Galicia | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | congreso ![]() | |||
Tema principal | agrarismo galego ![]() | |||
Entidades | ||||
Precedido por | V Asemblea Agraria de Galicia ![]() | |||
Sucedido por | VII Asemblea Agraria de Galicia ![]() | |||
Data | ||||
Comezo | 24 de outubro de 1915 ![]() | |||
Remate | 26 de outubro de 1915 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | España ![]() | |||
Localización | Redondela ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A VI Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Redondela do 24 ao 26 de outubro de 1915.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Aínda que prevista para o ano anterior, adiouse pola represión desatada contra Acción Gallega. A presidencia desempeñouna Juan Rof Codina. Contou coa adhesión do presidente do goberno Eduardo Dato, do ministro de Fomento (Luís Espada Guntín) e de moitos deputados. Acordouse celebrar a seguinte Asemblea en Santiago de Compostela e nomear a Rof Codina presidente da comisión organizadora e encargar o cuestionario da reunión a Bartolomé Calderón.