Saltar ao contido

Século -VIII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «VIII a C»)

século IX a. C. < Século VIII a. C. > século VII a. C.

Características do século VIII a. C.

[editar | editar a fonte]

O século VIII a.C foi un período de grandes cambios nas civilizacións.

En Exipto corresponde ás dinastías XXII, XXIII, XXIV e XXV cuxos soberanos (excepto a XXIV) eran de orixe estranxeira; libio (dinastías XXII e XXIII) e kushita ou etíope (dinastía XXV). O Imperio neoasirio alcanza o pico do seu poder, conquistando varios países veciños, entre eles o reino de Israel.

Grecia coloniza outras rexións do mar Mediterráneo e o mar Negro. A civilización etrusca expándese por Italia. Convencionalmente tómase este século oitavo como o principio da Antigüidade clásica, coa primeira Olimpíada festexada no 776 a.C. Nesta época crese que foron compostos os textos épicos de Homero (A Ilíada e a Odisea). Na China rexístrase unha eclipse solar histórica no ano 780 a.C.

Na India -en plena Idade de Ferro- comeza a cultura da cerámica negra puída norteña, de baixa tecnoloxía e produción de armas de ferro. Esta cultura é unha das candidatas de ser a cultura védica.[1]

Acontecementos

[editar | editar a fonte]

República romana

[editar | editar a fonte]

Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

Resto de Europa

[editar | editar a fonte]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Homero, escritor grego. (Descoñécese a data exacta; xeralmente é datado entre mediados e fins do século VIII a.C.).
  • Hesíodo, escritor grego.
  1. descoñécese as datas de inicio do período védico: podería ser desde fins do II milenio ata mediados do I milenio

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.